Estás en:
Gas Natural Fenosa publicou o sexto Índice de Eficiencia Enerxética nas pemes. Este estudo, que se converteu nunha referencia do sector, sinala que as pequenas e medianas empresas españolas aínda teñen un gran potencial de aforro enerxético, valorado en 3.083 millóns de euros. Ou o que é equivalente, o 16,8% na súa factura enerxética, 27.038 GWh.
O Índice de Eficiencia marcou en 2012 unha puntuación de 4,2 sobre 10. Esta cifra representa un avance do 35,5% respecto dos resultados obtidos no primeiro estudo de 2005 (3,1), aínda que só representa unha pequena mellora respecto a edición de 2009 (4,1).
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona