Estás en:
Neste espazo poderá acceder a documentación de interese sobre a compañía: presentacións institucionais, artigos de fondo e reportaxes especializadas.
| Nome do informe | Descrición | Arquivos |
|---|---|---|
|
Captura e almacenamento de CO2. Xullo de 2010 |
Na sociedade existe un consenso xeneralizado sobre o impacto das emisións de dióxido de carbono (CO2) no cambio climático e a necesidade de conseguir reducións importantes nestas. Estímase que dende o comezo da revolución industrial cara a 1750, o aumento do dióxido de carbono na atmosfera foi do 30%.
| |
|
Vehículos de gas natural e eléctricos. Marzo de 2010 |
Actualmente, o sector do transporte depende do petróleo nun 95% e esta dependencia case absoluta de enerxía fósil ten un dobre efecto: supón unha balanza enerxética desfavorable en países con escasos ou nulos recursos petrolíferos, emisións dificilmente controlables de contaminantes e, sobre todo, de CO2, principal responsable do cambio climático. Existen diversas iniciativas para minorar ambos os dous efectos, tanto no terreo da eficiencia enerxética, con melloras nos consumos no motor de combustión, como na incorporación de enerxía renovable a través do uso de biocombustibles. | |
|
Intervención do presidente de Gas Natural, Salvador Gabarró, no 11º Foro Latibex |
| |
|
Á calor do sol. Decembro de 2009 |
A gran dispoñibilidade do recurso solar, así como unha regulamentación favorable ao desenvolvemento e implantación de enerxías renovables, conduciron ao longo da última década ao desenvolvemento dunha variedade de solucións para o aproveitamento da enerxía solar. | |
|
Unha enerxía segura. Setembro de 2009 |
A Central Nuclear de Trillo subministra, dende Guadalaxara, na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, unha media de 8.000 millóns de kWh anuais a toda España. A central ten como misión producir enerxía eléctrica de forma segura, fiable, económica, respectuosa co medio e garantindo a devandita produción a longo prazo mediante a explotación óptima das instalacións. Deste xeito contribúe a aumentar a calidade de vida e o benestar social. | |
|
Obxectivo: velar polo medio ambiente. Xuño de 2009 |
A acumulación dos gases de efecto invernadoiro (GEI) non deixou de aumentar durante o último século, debido principalmente ás actividades humanas, e, como consecuencia diso, está a producirse un aumento da temperatura global que, de acentuarse, supoñerá un verdadeiro perigo para o futuro do ser humano. Co fin de reverter esta situación, Gas Natural Fenosa puxo en marcha en Brasil dous proxectos de Mecanismo de Desenvolvemento Limpo (MDL), como parte das accións derivadas da aplicación do Protocolo de Quioto, para axudar a reducir as súas emisións totais e velar polo medio ambiente. | |
|
Unha aposta pola eficiencia. Marzo de 2009 |
Gas Natural Fenosa, no seu compromiso coa preservación do medio ambiente, continúa impulsando a eficiencia enerxética como ferramenta fundamental para un correcto uso dos recursos e como un dos piares para mitigar o cambio climático. Por ser o gas natural un recurso fósil, a compañía impulsou diferentes actuacións para fomentar un uso máis eficiente desta enerxía. | |
|
Almacenamentos subterráneos de gas. Decembro de 2008 |
A demanda de gas no mundo non parou de aumentar nos últimos anos e, segundo todas as estimacións, continuarán crecendo nos próximos anos. Ademais, o comportamento dos mercados gasistas variará no futuro, debido en boa medida á irregularidade da demanda de electricidade (xerada en gran parte en ciclos combinados a partir de gas) e ás puntas na demanda de gas, provocadas por períodos de frío. Debido a estas irregularidades, a Unión Europea recomenda aos seus países membros ter certa capacidade de almacenamento de gas, co fin de poder facer fronte a estas irregularidades, ademais da posibles problemas de aprovisionamento. En definitiva, o almacenamento subterráneo de gas é unha importante ferramenta de xestión loxística do sistema gasista. | |
|
Coxeración. Setembro de 2008 |
As fontes de enerxías renovables existentes na actualidade (eólica e hidráulica, en especial) non poden satisfacer axeitadamente a demanda enerxética, polo que se precisa a creación de políticas que fomenten o mellor aproveitamento dos combustibles fósiles e a eficiencia enerxética. O obxectivo buscado é producir a enerxía eléctrica dunha forma eficiente e consumir esta enerxía eléctrica dun xeito eficaz, de aí o papel decisivo que pode xogar a coxeración, e, polo tanto, La Energía, S.A., a compañía de Gas Natural Fenosa especializada en proxectos de coxeración, unha tecnoloxía cun elevado rendemento global na transformación enerxética. | |
|
Ciclos combinados. Xuño de 2008 |
A liberalización do mercado eléctrico, unida ao crecente compromiso co medio ambiente, impulsou o desenvolvemento de novas técnicas de xeración que impliquen menores custos de investimento e que, á vez, sexan máis limpas. Neste sentido, desenvolveuse a tecnoloxía de centrais de ciclo combinado, que, actualmente, en relación cos sistemas tradicionais, é o sistema máis eficiente e limpo para producir electricidade a partir de combustibles fósiles. | |
|
Calidade do aire. Marzo de 2008 |
O aire é esencial para a vida. Por unha parte, permite a respiración dos seres vivos, e por outra, inflúe en que a Terra sexa habitable. De aí que a alteración da composición da atmosfera poida afectar a vida na Terra (tanto os ecosistemas coma a saúde humana) e o sistema climático no seu conxunto. Por esta razón, as emisións que afectan a atmosfera convertéronse nun dos principais problemas ambientais do mundo. |
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona