Recoñecementos nos índices de investimento responsable
Gas Natural Fenosa, constituínte do índice de sostibilidade FTSE4Good, por décimo ano consecutivo.
Dow Jones Sustainability Index (DJSI) recoñeceu a Gas Natural Fenosa como unha das compañías líderes do sector utility (auga, gas e electricidade).
Gas Natural Fenosa foi incluída no selectivo DJSI Europe.
Gas Natural Fenosa foi a compañía mellor valorada en 2011 no Carbon Disclosure Project (CDP) Iberia 125, e terceira compañía en desempeño no CDP 300 de compañías europeas.
Premios e recoñecementos a Gas Natural Fenosa 2012
Gas Natural Fenosa foi premiada en 2012 co galardón ao Mellor Servizo de Atención ao Cliente do Ano, dentro de Provedores de Enerxía. O certame é organizado anualmente pola axencia Sotto Tempo Advertising.
Ceg, a filial de Brasil, foi galardoada na categoría de Call Center Tercerizado, e na XI edición do Premio Associaçao Brasileira de Telesserviços, na categoría de Servizo de Atención ao Cliente.
A Universidade Virtual Estendida foi galardoada na X edición dos Premios Emprendedores e Emprego á Innovación nos Recursos Humanos. O premio é outorgado anualmente polo diario económico Expansión.
Gas Natural Fenosa Brasil recibiu a mención de prata de Seguridade nos Premios MasterInstal, na categoría Formación e Seguridade, polo proxecto: "Formación con Seguridade: Compromiso de Gas Natural Fenosa".
O Presidente de Gas Natural Fenosa, Salvador Gabarró, recibiu o premio Excelencia da Asociación de Empresarios Galegos. O galardón, concedido pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (AEGACA), recoñece con este título a contribución do presidente da compañía ao desenvolvemento e coñecemento de Galicia no exterior
Gas Natural Fenosa recibiu o premio á excelencia enerxética da Generalitat Valenciana. O galardón recoñece a importante traxectoria da compañía na Comunidade Valenciana.
A Asociación "Día Solidario" de Gas Natural Fenosa recibiu o premio Pablo Duran Thornberg, á mellor iniciativa no ámbito de Voluntariado Corporativo. O galardón foi entregado por S.A.R El Príncipe de Asturias e foi concedido pola Fundación Círculo de Economía ao Patrocinio e Mecenado Empresarial.
Premio Accésit á Transformación da función de compras na terceira edición do Premio Diamante de AERCE. (Asociación Española de profesionais de compras, contratación e aprovisionamentos).
Gas Natural Fenosa recibiu o premio Mercurio de Ouro na categoría de "Servizos no sector enerxético", na X edición do certame "Marca comercial do ano", que organiza a Cámara de Comercio e Industria da República de Moldova.