Estás en:

Gas Natural Fenosa asume no seu Código Ético o seu compromiso co respecto polos Dereitos Humanos.
Consciente da importancia desta cuestión e co desexo de ser un axente activo na protección dos Dereitos Humanos no seu ámbito de influencia, Gas Natural Fenosa formalizou o seu compromiso a través da definición da Política de Dereitos Humanos da compañía.
Na súa traxectoria centenaria, Gas Natural Fenosa distinguiuse sempre por operar de acordo aos máis altos estándares sociais e ambientais. Aínda así, e en prol de garantir uns requisitos globais na materia e a dar resposta ás crecentes esixencias de terceiros, a compañía decidiu impulsar unha política que recolla os seus compromisos en materia de Dereitos Humanos. Especialmente, dado que o crecemento internacional o levou a operar nalgúns ámbitos onde a protección destes cobra unha especial importancia.
Gas Natural Fenosa desexa ser un axente activo para a protección dos Dereitos Humanos no seu ámbito de influencia e en función do seu grao de impacto. A Política de Dereitos Humanos de Gas Natural Fenosa formaliza, dun xeito coherente co Código Ético e cos dez principios do Pacto Mundial de Nacións Unidas, o seu compromiso nesta materia.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona