Estás en:
O reto das compañías do sector da enerxía consiste en satisfacer a crecente demanda enerxética dun mundo en desenvolvemento e, ademais, deben facelo dun xeito cada vez máis limpo, máis seguro e máis fiable. A subministración de enerxía baixo criterios de sostibilidade, eficiencia e seguridade é a principal contribución de Gas Natural Fenosa á consecución dun desenvolvemento máis sostible.

A compañía traballa na prevención dos impactos e a redución dos contaminantes mellorando a eficiencia dos procesos, instalando equipos de alto rendemento e empregando as mellores tecnoloxías dispoñibles.
No ámbito da eficiencia enerxética e a redución de emisións, o gas natural é a mellor, entre os combustibles fósiles, das alternativas dispoñibles. As súas propiedades ambientais e versatilidade como fonte enerxética, sitúan o gas natural como unha das mellores opcións fronte ao cambio climático e outros problemas ambientais, como a calidade do aire ou a acidificación de chans e augas.
A actividade en I+D+i de Gas Natural Fenosa está guiada polo seu Plan de Tecnoloxía. O obxectivo xeral dos proxectos de I+D+i é a mellora das tecnoloxías, técnicas e procesos actualmente empregados e a incorporación de novas tecnoloxías, co fin último de mellorar a seguridade, sostibilidade, impacto ambiental, produtividade e eficiencia da compañía.
A dedicación económica de Gas Natural Fenosa a estes proxectos ascendeu a 16,27, millóns de euros, un 50% máis que o ano anterior.
Gas Natural Fenosa prevé os impactos, sociais, ambientais ou en materia de dereitos humanos, que se poidan producir como consecuencia dos seus proxectos e investimentos.
En cumprimento do establecido pola Política de Dereitos Humanos de Gas Natural Fenosa, aprobada en 2011, a compañía implantará de xeito progresivo unha metodoloxía de avaliación de impacto social e de relación coas comunidades nos proxectos de investimento e desinvestimento que realice.
Para adaptar as súas operacións ás necesidades específicas de persoas con baixos recursos, Gas Natural Fenosa dispón de varios programas para atender aos denominados barrios carenciados. Estes barrios caracterízanse por presentar unhas condicións socioeconómicas particulares que dificultan tanto a distribución de gas ou electricidade, como a xestión do ciclo comercial, dando como resultado un difícil acceso á enerxía e alta morosidade.
En Colombia, a comercializadora Enerxía Social, cuxa actividade comezou en 2004, ocúpase da xestión comercial daqueles barrios sen infraestruturas eléctricas normalizadas. Adicionalmente, desenvolve un importante labor educativo no concernente ao uso eficiente e seguro da enerxía e xera emprego nestas comunidades.
En Nicaragua, durante 2011, en coordinación co Ministerio de Enerxía e Minas de Nicaragua, Gas Natural Fenosa realizou a normalización de cinco asentamentos, que afectaron a un total de 3.800 clientes que antes tiñan conexións ilegais.
Adicionalmente, a través da súa filial Gas Natural Fenosa Engineering, a compañía participa dende 2007 como asistencia técnica no Programa Euro-Solar, promovido pola Comisión Europea.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona