Estás en:
Gas Natural Fenosa está presente en Moldova dende o ano 2000, a través da súa filial Rede Unión Fenosa, que se dedica á distribución eléctrica no centro e o sur do país, incluíndo a súa capital Chisinau.

A 31 de decembro do 2011, a compañía acadou os 819.506 puntos de subministración nese país, o que supón que xa presta servizo a máis do 70% do total do país.
O ebitda do negocio eléctrico de Gas Natural Fenosa en Moldova acadou os 30 millóns de euros durante o exercicio de 2011, un 11,1% máis que o ano anterior. Os proxectos encamiñados á mellora dos procesos operativos están a permitir obter melloras significativas da eficiencia no negocio nese país.
Nun contexto de ralentización económica, a demanda de enerxía en Moldova rexistrou un crecemento do 3,3% en 2011, e a base de clientes aumentou un 0,5% respecto ao exercicio anterior.
| Principais magnitudes | 2010 | 2011 | % |
|---|---|---|---|
| Vendas actividade de electricidade (GWh) | 2.366 | 2.445 | 3,3 |
| Venda de electricidade a tarifa | 2.366 | 2.445 | 3,3 |
| ATR | - | - | - |
| Puntos de subministración, en miles (a 31/12) | 816 | 820 | 0,5 |
| Índice de perdas de rede (%) | 14 |
Accede al portal de Gas Natural Fenosa en Moldavia
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona