Gas Natural Fenosa - Corporativo

Buscador

Menú Navegación

Actividades

Presencia en el mundo

Italia

Gas Natural Fenosa está presente en Italia dende o ano 2002, a través de Gas Natural Vendita, empresa que comercializa gas natural no mercado liberalizado, e de Gas Natural Distribuzione Italia S.p.A, que xestiona as empresas de distribución de gas no mercado regulado.

Gas Natural Fenosa está presente en Italia dende o ano 2002 e actualmente opera en diferentes sectores de enerxía a través de sociedades separadas: Gas Natural Italia S.p.A., sociedade de servizos; Gas Natural Vendita Italia S.p.A., empresa que comercializa gas natural e electricidade en diferentes segmentos de mercado; Gas Natural Distribuzione Italia S.p.A, que xestiona a distribución de gas natural no mercado regulado e Gas Natural Rigassificazione Italia S.p.A., encargada do desenvolvemento dunha planta de regasificación en Trieste. O conxunto das sociedades italianas de Gas Natural Fenosa realizou no 2011 un EBITDA, de 70 millóns de euros cun crecemento do 5,4% ao neto das rendas diferidas.

Gas Natural Vendita Italia S.p.A.

A súa creación en setembro de 2002, supuxo a primeira iniciativa empresarial en Europa do grupo, que se converteu na primeira empresa española con comercializadora propia para operar no mercado italiano. Actualmente, a sociedade comercializa gas, electricidade e servizos a máis que 400.000 clientes pertencentes a diferentes segmentos de mercado: residencial; PEME; almacenista; industrial e vehicular. Este progresivo percorrido de crecemento permitiu á compañía acadar, ao final do 2011, a colocación no mercado italiano de 506 millóns de metros cúbicos de gas por un total de 5.548 GWh dos que, 2.718 GWh á clientela residencial e comercial e 2.829 GWh aos operadores almacenistas.

Gas Natural Fenosa en Italia

Gas Natural Distribuzione Italia S.p.A.

Dende 2004 desenvolveu unha estratexia de expansión centrada sobre todo no Centro - Sur do País, acadando hoxe en día unha presenza en 8 Rexións (Puglia, Sicilia, Calabria, Basilicata, Lazio, Abruzzo, Campania e Molise) onde serve máis de 200 municipios a través dunha rede capilar de gasodutos. No marco do reforzo da presenza do grupo no sector regulado italiano da distribución do gas natural, a adquisición en decembro de 2011 de Favellato Reti Gas, sociedade con concesións de distribución en 28 municipios no sur de Italia, permitiu a compañía acadar, ao final do mesmo ano, 440.297 puntos de subministracións e unha rede de distribución de 6736 quilómetros.

Gas Natural Rigassificazione Italia S.p.A.

O grupo proxecta construír en Trieste unha planta de regasificación que permitirá dotar ao sistema gasista italiano de maior flexibilidade e seguridade de aprovisionamento xa que a planta, con 2 tanques de 140.000 m3 cada un, ofrecería unha capacidade anual de regasificación de 8 bcm. O proxecto actualmente encóntrase na última fase da tramitación administrativa.

 

Distribución 2010 2011 %
Gas Vehiculado (GWh): 3.387 3.578 5,6
Rede de distribución (km) 6.286 6.736 6,8
Puntos de subministración, en miles (a 31/12) 422 440 4,3
Comercialización 2010 2011  %
Gas Comercializado (GWh) 3.345 5.548 65,85
Gas Comercializado Minorista (GWh) 2.814 2.718 -3,41
Gas Comercializado Almacenista (GWh) 531 2.829 432,76
Total clientes Minoristas 383.648 387.572 1,022

 

Gas Natural Fenosa en Italia

Gas Natural Fenosa en Italia

Accede al portal de Gas Natural Fenosa en Italia

Información de la web

Acerca de Gas Natural Fenosa

Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona