Estás en:
Gas Natural Fenosa está presente en Puerto Rico a través da compañía Ecoeléctrica, que conta cunha central de ciclo combinado de 540 MW e unha planta de regasificación cunha capacidade de 115.000 metros cúbicos.

Tanto a central de ciclo combinado coma a planta de regasificación están situadas en Peñuelas, no sur da illa, e entraron en funcionamento no ano 2000.
A central de ciclo combinado de Ecoeléctrica foi o primeiro proxecto de xeración eléctrica con gas natural de Puerto Rico e produce arredor do 15% da enerxía eléctrica que se consume na illa.
A planta de regasificación ten unha terminal de descarga que admite buques metaneiros de ata 140.000 metros cúbicos e dispón dun tanque de almacenamento de 160.000 metros cúbicos. Esta planta de regasificación é a única deste tipo que hai en Puerto Rico, polo que constitúe unha opción estratéxica para subministrar gas natural á illa e unha importante vantaxe competitiva.
O grupo posúe unha participación do 47,5% en Ecoeléctrica, ademais do contrato de xestión das súas instalacións e do dereito exclusivo sobre a entrada de gas natural na illa.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona