Gas Natural Fenosa - Corporativo

Buscador

Menú Navegación

Estás en:

  1. Actividades >
  2. Nicaragua

Nicaragua

Gas Natural Fenosa está presente en Nicaragua a través de las compañías distribuidoras de electricidad Disnorte-Dissur.

Actividade de distribución eléctrica en Nicaragua

As dúas distribuidoras da compañía en Nicaragua daban servizo a peche de 2011 a 849.000 puntos de subministración eléctrica no país e realizaron unhas vendas de 2.584 GWh no exercicio.

No mes de setembro de 2011, Gas Natural Fenosa, a través das compañías distribuidoras do grupo, acordou co Goberno de Nicaragua impulsar un novo plan de expansión de electrificación no país, que elevará durante os próximos cinco anos dun 63% a un 83% o acceso da poboación á enerxía eléctrica.

O convenio asinado prevé a extensión de redes para ampliar a cobertura de electrificación rural, co obxectivo de facer chegar por primeira vez enerxía 110.000 familias. Esta actuación permitirá beneficiar aproximadamente 600.000 persoas.

Por outro lado, o acordo inclúe a normalización da subministración eléctrica de 164.000 familias en asentamentos das principais cidades do país, co obxectivo de mellorar a calidade do servizo eléctrico.

Principais magnitudes 2011  
Vendas actividade de electricidade (GWh):  2.584
 Incremento vs. 2010 (%)  6,6
 Puntos de subministración, en miles (a 31/12)  849
 Incremento vs. 31/12/2010, en miles 41
 Índice de perdas de rede (%) 20,6

 

Gas Natural Fenosa en Nicaragua

Gas Natural Fenosa en Nicaragua

Accede al portal de Gas Natural Fenosa en Nicaragua

Información de la web

Acerca de Gas Natural Fenosa

Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona