Estás en:
Gas Natural Fenosa está presente no mercado colombiano a través de Gas Natural S.A. ESP e de Electricaribe S.A. ESP. En Colombia a compañía atende máis de catro millóns de clientes, de distribución e comercialización de gas natural no interior do país, e de enerxía eléctrica na costa atlántica.
O grupo xestiona dende o ano 1997 Gas Natural ESP, compañía gasista de referencia en Colombia, que distribúe gas natural en Bogotá e Soacha. A través de Gas Natural ESP, a empresa tamén xestiona as compañías Gasoriente ESP, Gases de Barrancabermeja ESP e Gas Natural Cundiboyacense ESP.

As compañías do grupo en Colombia distribúen gas natural no mercado residencial, comercial e industrial, e dedican tamén unha especial atención ao desenvolvemento do uso do gas natural como combustible para vehículos.
A 31 de decembro de 2011, o grupo contaba con 2.291.000 clientes de distribución de gas e dunha rede de máis de 19.000 quilómetros.
Gas Natural ESP está participada nun 59,1% por Gas Natural Fenosa, que se fixo cargo da xestión da compañía tras a súa privatización.
Distribución de electricidade
Por outro lado, a multinacional enerxética distribúe electricidade na costa atlántica do país latinoamericano a través da súa filial Electricaribe S.A. ESP. A compañía contaba con 2.224.000 clientes de distribución de electricidade a 31 de decembro do 2011, e tivo unhas vendas de 10.524 GWh durante ese exercicio.
Principais magnitudes
| Gas | |
|---|---|
| Vendas actividade de gas (GWh): | 17.345 |
| Incremento vs. 2010 (%) | 7,3 |
| Rede de distribución (km) | 19.463 |
| Incremento vs. 31/12/2010 (km) | 453 |
| Puntos de subministración, en miles (a 31/12) | 2.291 |
| Incremento vs. 31/12/2010, en miles | 108 |
| Electricidade | |
|---|---|
| Vendas actividade de electricidade (GWh): | 10.524 |
| Incremento vs. 2010 (%) | 4,2 |
| Puntos de subministración, en miles (a 31/12) | 2.224 |
| Incremento vs. 31/12/2010, en miles | 26 |
| Índice de perdas de rede (%) | 18,3 |
Accede al portal de Gas Natural Fenosa en Colombia
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona