Estás en:
Gas Natural Fenosa está presente en Brasil dende 1997, a través das compañías CEG, CEG RIO e Gas Natural SPS, que distribúen gas no estado de Rio de Janeiro e en São Paulo Sur.

Gas Natural Fenosa conta en Brasil cun importante mercado de vendas de gas natural para o seu uso como combustible de automoción.
O grupo iniciou a súa actividade en Brasil en 1997 tras obter a concesión da distribución de gas natural de Río de Janeiro e a súa área metropolitana. Gas Natural Fenosa xestiona dende entón as compañías distribuidoras CEG e CEG RIO, nas que actualmente ten participacións do 54,2% e do 59,6%, respectivamente.
A 31 de decembro de 2011, o grupo contaba con 842.000 clientes e unha rede de distribución de gas de máis de 6.137quilómetros de lonxitude.
CEG, unha compañía con preto de 150 anos de historia, é a maior compañía distribuidora de gas natural de Brasil. CEG RIO foi creada polo goberno estatal e Petrobrás en 1997 e, ese mesmo ano, foi privatizada. (Ambas as dúas compañías subministran a un total de 28 municipios do Estado de Río de Janeiro, entre os que se encontra a capital).
En abril do ano 2000, o grupo creou a empresa Gas Natural SPS, participada ao 100% por Gas Natural SDG, tras obter a concesión para realizar a distribución na zona sur do estado de São Paulo. Esta área, de 53.000 quilómetros cadrados de superficie, conta cunha importante actividade industrial, con máis dun centenar de empresas implantadas.
| Principais magnitudes | |
|---|---|
| Vendas actividade de gas (GWh) | 49.810 |
| Incremento vs. 2010 (%) | (22,4) |
| Rede de distribución (km) | 6.137 |
| Incremento vs. 31/12/2010 (km) | 131 |
| Puntos de subministración, en miles (a 31/12) | 842 |
| Incremento vs. 31/12/2010, en miles | 25 |
Accede al portal de Gas Natural Fenosa en Brasil
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona