Estás en:
Gas Natural Fenosa é a maior compañía integrada en gas e electricidade de España e a terceira distribuidora de gas e electricidade do mercado ibérico, con 8,8 millóns de puntos de conexión.

A multinacional enerxética é a terceira xeradora en réxime ordinario da Península Ibérica con máis de 14,6 GW de potencia eléctrica instalada e unha produción de 35,6 TWh a 31 de decembro de 2010.
Gas Natural Fenosa é líder en comercialización de gas e electricidade, con preto de 2,5 millóns de clientes e unhas vendas de 200 TWh a 31 de decembro do 2010.
Ademais da distribución de gas e electricidade, a compañía desenvolve en España actividades de xeración eléctrica, comercialización de enerxía, de regasificación e exploración.

Mercado gasista
No sector da distribución de gas, Gas Natural Fenosa opera a través de diferentes empresas distribuidoras, que operan en 10 comunidades autónomas: Gas Natural Distribución (Cataluña, Madrid e Aragón), Gas Natural Cegas (Comunidade Valenciana), Gas Natural Andalucía, Gas Natural Castela-A Mancha, Gas Natural Castela e León, Gas Navarra, Gas Natural Rioxa e Gas Galicia. Actualmente, conta cunha rede de distribución de gas de preto de 45.000 quilómetros.
Mercado eléctrico
O negocio de electricidade de Gas Natural Fenosa en España inclúe a xeración de electricidade en réxime ordinario (centrais nucleares, hidráulicas, de carbón nacional e importado, fuel-gas e ciclos combinados), a xeración en réxime especial (parques eólicos, centrais minihidráulicas e plantas de coxeración), a distribución eléctrica, o trading no mercado ibérico e transfronteirizo, e a comercialización de electricidade no mercado liberalizado español, tanto no mercado libre propiamente dito coma no segmento de tarifa de último recurso.
No ámbito da comercialización, o grupo opera en España a través da compañía Gas Natural Servizos, que subministra gas e electricidade aos clientes domésticos e comerciais ademais de ofrecer outros produtos e servizos relacionados coa enerxía, e de Gas Natural Comercializadora, que subministra gas e electricidade aos grandes clientes industriais.
Distribución de gas:
| 2010 | 2011 | % | |
|---|---|---|---|
| Vendas - ATR (GWh) | 207.174 | 201.231 | 2,9 |
| Rede de distribución (km) | 44.931 | 43.871 | 2,4 |
| Incremento de puntos de subministración, en miles | 84 | 81 | 3.6 |
| Puntos de subministración, en miles (a 31/12) | 5.274 | 5.050 | 4,2 |
Distribución de electricidade:
| 2010 | 2011 | % | |
|---|---|---|---|
| Vendas actividade de electricidade (GWh): | 34.465 | 33.916 | 1,6 |
| Venda de electricidade a tarifa | 6 | - | - |
| ATR | 34.459 | 33.916 | 1,6 |
| Puntos de subministración, en miles (a 31/12) | 3.719 | 3.748 | 0,8 |
| TIEPI (minutos) | 61 | 42 | 31,1 |
Xeración de electricidade:
| 2010 | 2011 | % | |
|---|---|---|---|
| Capacidade de xeración eléctrica (MW): | 14.637 | 12.760 | 12,8 |
| Réxime Ordinario | 13.679 | 11.699 | 14,5 |
| Hidráulica | 1.860 | 1.901 | 2,2 |
| Nuclear | 589 | 595 | 1,0 |
| Carbón | 2.048 | 2.048 | - |
| Fuelóleo-gas | 617 | 157 | 74.6 |
| Ciclos combinados | 8.565 | 6.998 | 18,3 |
| Réxime Especial | 958 | 1.601 | 10,8 |
| Eólica | 821 | 925 | - |
| Minihidráulicas | 68 | 69 | - |
| Coxeración e outras | 69 | 67 | - |
| Enerxía eléctrica producida (GWh): | 38.338 | 38.081 | 0,7 |
| Réxime Ordinario | 35.809 | 35.701 | 0,3 |
| Hidráulica | 4.752 | 2.892 | 39,1 |
| Nuclear | 4.325 | 4.378 | 1,2 |
| Carbón | 772 | 4.464 | 478,2 |
| Fuelóleo-gas | 32 | - | - |
| Ciclos combinados | 25.928 | 23.967 | 7,6 |
| Réxime Especial | 2.529 | 2.380 | 5.9 |
| Vendas de electricidade (GWh): | 40.559 | 35.905 | 11,5 |
| Mercado liberalizado | 30.179 | 27.058 | 10,3 |
| TUR / Regulado | 10.380 | 8.847 | 14,8 |
Te ofrecemos productos y servicios personalizados que se adaptan a tu necesidad.
Accede a tu área privada y podrás consultar tus facturas, los productos y servicios que tienes contratados, y gestionar tus datos.
Solicita un nuevo punto de suministro para tu hogar, negocio o industria.
Más información relacionada con otros perfiles.
Somos más que gas y electricidad. Conoce otros sitios de interés.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona