Estás en:

As plantas transforman a enerxía do Sol en enerxía química a través da fotosíntese. Esa enerxía "atrapada" na materia orgánica é o que agora buscamos recuperar co fin de lograr unha fonte de enerxía sostible e eficiente.

O crecente compromiso social co medio fai que as centrais hidráulicas cobrasen gran relevancia fronte a outras tecnoloxías de xeración. O efecto positivo na regulación das concas hidráulicas, o mantemento de caudais ecolóxicos e as reservas para regadío, abastecemento humano e uso industrial, ademais da rapidez de resposta ante as demandas do sistema eléctrico, converten esta tecnoloxía na perfecta alternativa.

A gran dispoñibilidade do recurso solar, así como unha regulamentación favorable ao desenvolvemento e implantación de enerxías renovables, conduciron ao longo da última década ao desenvolvemento dunha variedade de solucións para o aproveitamento da enerxía solar.
Pode unha tecnoloxía de climatización ser renovable e eficiente á vez? A resposta é si. A bomba de calor xeotérmica está considerada pola Unión Europea como ou unha referencia tecnolóxica no aproveitamento de recursos enerxéticos renovables polo seu alto rendemento fronte a outras tecnoloxías e polo seu nulo nivel de emisións directas á atmosfera.

Na sociedade existe un consenso xeneralizado sobre o impacto das emisións de dióxido de carbono (CO2) no cambio climático e a necesidade de conseguir reducións importantes nestas. Estímase que dende o comezo da revolución industrial cara a 1750, o aumento do dióxido de carbono na atmosfera foi do 30%.

A Central Nuclear de Trillo subministra, dende Guadalaxara, na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, unha media de 8.000 millóns de kWh anuais a toda España. A central ten como misión producir enerxía eléctrica de forma segura, fiable, económica, respectuosa co medio e garantindo a devandita produción a longo prazo mediante a explotación óptima das instalacións. Deste xeito contribúe a aumentar a calidade de vida e o benestar social.

Actualmente, o sector do transporte depende do petróleo nun 95% e esta dependencia case absoluta de enerxía fósil ten un dobre efecto: supón unha balanza enerxética desfavorable en países con escasos ou nulos recursos petrolíferos, emisións dificilmente controlables de contaminantes e, sobre todo, de CO2, principal responsable do cambio climático. Existen diversas iniciativas para minorar ambos os dous efectos, tanto no terreo da eficiencia enerxética, con melloras nos consumos no motor de combustión, como na incorporación de enerxía renovable a través do uso de biocombustibles.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona