Estás en:
Un dos obxectivos prioritarios do Museo de Arte Contemporánea é ser un centro multidisciplinar de cultura contemporánea, cuxo prestixio e calidade sexan un referente no ámbito sociocultural español.
O MAC conta cunha colección permanente, distribuída entre o Museo Patio Herreriano de Valladolid e o Museo de Arte Contemporánea da Coruña, que pretende reflectir a nosa razón de ser como empresa enerxética global, comprometida coa mellora da calidade de vida das persoas e co progreso da sociedade, coa misión principal de subministrar enerxía de xeito eficiente, sostíbel e seguro.
Por todo iso, o noso museo non é só un espazo concibido para mostrar a obra dos artistas contemporáneos máis significativos. É tamén un lugar de encontro con todos os públicos cos que o noso grupo se relaciona, entendido como unha realidade que vai máis alá dos obxectivos empresariais, ao enlazar o noso espírito de servizo coa difusión da arte e a cultura.
Animámolo a que visite persoalmente as salas que acollen a colección permanente na Coruña e Valladolid, así como as exposicións temporais que presentan a creatividade emerxente e o talento dos nosos novos artistas.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona