Estás en:

Gas Natural Fenosa conta cun mix de xeración eléctrica diversificado. A compañía pechou 2011 cunha potencia instalada 15.392 MW, que o ano pasado xerou 56.354 MWh. As centrais de ciclo combinado son a base do mix da compañía, xa que representan aproximadamente o 60,3% da súa capacidade de xeración eléctrica. Estas plantas utilizan gas natural, a enerxía fósil máis eficiente e con menores emisións de CO2. O resto da potencia instalada distribúese do seguinte xeito: centrais de carbón (13,3%), hidroeléctricas (12,5%), renovables (7%), fuelóleo-gas e fuel (3%) e nuclear (3,8%). A compañía aplica á xeración eléctrica as mellores tecnoloxías e procesos dispoñibles, co fin de facer fronte aos desafíos ambientais desta actividade. En 2010, as emisións de CO2 reducíronse en torno ao 10%.

Gas Natural Fenosa ten unha potencia instalada de centrais de ciclos combinados de gas natural de 9.287 MW, repartida entre España, México e Puerto Rico.

Gas Natural Fenosa está presente no sector nuclear español dende 1968. Na actualidade, a compañía conta con participacións en dúas centrais nucleares españolas.

Gas Natural Fenosa dispón en España dunha capacidade instalada de 2.205 MW en centrais térmicas de carbón e fuel.
A compañía, que conta en España con máis de 25 parques e preto de 900 megavatios (MW) instalados.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona