Estás en:
Gas Natural Fenosa é a maior empresa integrada de gas natural e electricidade de España e América Latina. Para dar resposta aos seus 20 millóns de clientes, conta cun portafolios equilibrado e diversificado de negocios e de enerxías. A compañía dispón dun competitivo "mix" de xeración de electricidade, grazas ao uso eficiente das tecnoloxías das que dispón. A produción de electricidade de Gas Natural Fenosa en España e en América Latina susténtase principalmente nos ciclos combinados de gas natural, as centrais de combustible fósil máis limpas que existen. Ademais, a multinacional dispón de xeración hidroeléctrica, parques de enerxía eólica, centrais de carbón e fuel e participa en dúas centrais nucleares en España. Gas Natural Fenosa é unha empresa líder no negocio do gas natural no mundo cun volume de gas subministrado en 2010 de 305.700 GWh. Ademais, é un dos maiores operadores de gas natural licuado (GNL) cunha frota de 10 buques metaneiros. Grazas a esta actividade, é referente na conca atlántica e mediterránea, onde opera 30 bcm.

Gas Natural Fenosa é a empresa líder en comercialización de gas natural na península Ibérica e a primeira distribuidora de gas natural de América Latina.

Gas Natural Fenosa conta cun mix de xeración eléctrica diversificado. A compañía pechou 2010 cunha potencia instalada 17.254 MW, que o ano pasado xerou 58.130 MWh.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona