Estás en:

Coñeza as principais liñas de negocio da compañía, que inclúen a distribución de gas natural e electricidade, a xeración eléctrica, a comercialización de enerxía e servizos, o trading e o aprovisionamento e transporte de gas natural.

Gas Natural Fenosa conta con diversos proxectos de exploración, investigación, desenvolvemento, produción e transporte de hidrocarburos en todo o mundo.

No negocio de xeración eléctrica, a estratexia do grupo céntrase en dispoñer dun mix de xeración equilibrado, competitivo e respectuoso co medio.

Nas actividades de distribución, Gas Natural Fenosa é líder do mercado gasista español e ocupa o terceiro posto entre os principais operadores do sector eléctrico.

Gas Natural Fenosa tamén está presente na comercialización de gas e electricidade, e doutros produtos e servizos relacionados coa comercialización minorista en España.

A compañía extrae marxes adicionais nos mercados a través dunha axeitada actividade de trading, presente ao longo de toda a cadea de valor e para todos os commodities.
<...
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona