Estás en:
GAS NATURAL SDG, S.A., como no ano anterior e en consonancia coa política implementada por outras compañías, nacionais e internacionais, quere ofrecerlles aos seus accionistas unha alternativa que, sen limitar en modo ningún a súa posibilidade de percibir a totalidade da retribución anual en efectivo se así o desexan, permítalles recibir accións da Sociedade coa fiscalidade propia das accións liberadas.
Para poñer en práctica este sistema, a Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas de GAS NATURAL SDG, S.A. celebrada o pasado 20 de abril de 2012 aprobou un aumento de capital liberado e o mecanismo mediante o cal a Sociedade asume o compromiso irrevogable de compra dos dereitos de asignación gratuíta correspondentes á mencionada ampliación de capital liberada a un prezo fixo, o que permitirá que todos os accionistas que o desexen poidan vender os seus dereitos e recibir un importe en efectivo equivalente ao que tivese sido o pagamento do dividendo complementario do exercicio 2011.
Unha vez recibidos os dereitos de asignación gratuíta, os accionistas de GAS NATURAL SDG, S.A. terán a opción, á súa libre elección, de:
(a) Non transmitir os seus dereitos de asignación gratuíta. En tal caso o accionista recibirá o número de accións novas na proporción que lle corresponda totalmente liberadas. En calquera caso, esta posibilidade dependerá dos termos e condicións do contrato de depósito e administración de valores que teña subscrito coa súa entidade depositaria, así como das instrucións que impartise ao respecto á mesma.
(b) Transmitir a totalidade ou parte dos seus dereitos de asignación gratuíta a GAS NATURAL SDG, S.A. en virtude do Compromiso de Compra ao prezo fixo garantido. Desta forma, o accionista optaría por monetizar os seus dereitos.
(c) Transmitir a totalidade ou parte dos seus dereitos de asignación gratuíta no mercado. Neste caso, o accionista tamén optaría por monetizar os seus dereitos, se ben neste suposto non recibiría un prezo fixo garantido, senón que a contraprestación polos dereitos dependería das condicións do mercado en xeral, e do prezo de cotización dos referidos dereitos en particular.
Os accionistas de GAS NATURAL SDG, S.A. poderán combinar calquera das alternativas mencionadas nos apartados anteriores. Téñase en conta neste sentido que o tratamento fiscal das referidas alternativas é diferente.
Vostede deberá poñerse en contacto coa entidade financeira na que ten depositadas as accións para os efectos de instruíla segundo a súa decisión.
Se desexa máis información, poñemos á súa disposición os documentos informativos e os feitos relevantes relativos a esta ampliación de capital.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona