Estás en:

Para Gas Natural Fenosa, o marco de integridade engloba o conxunto de políticas, procedementos e ferramentas implantadas para velar que as súas actividades, e as do conxunto dos seus empregados, se desenvolvan dun modo conforme coas leis, regulacións, normas, procedementos e estándares, tanto internos coma externos, que lle aplican en todos os seus ámbitos de operación.

O Código Ético de Gas Natural Fenosa, unido á adhesión a iniciativas externas como os principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas, plasman o compromiso formal da compañía cun modo de actuar íntegro, responsable e transparente.
O Código Ético establece as pautas de actuación dos empregados do Grupo e determina os comportamentos esperados en asuntos relacionados coa corrupción e o suborno, o respecto ás persoas, o desenvolvemento profesional, a igualdade de oportunidades, a seguridade e a saúde no traballo e o respecto ao medio, entre outros. Tamén determina as pautas de relación entre os empregados do Grupo e as empresas ou entidades colaboradoras.
A difusión do Código Ético é un requisito imprescindible para facilitar o cumprimento deste. Por iso, en 2005 constituíuse a Comisión do Código Ético, cuxa función principal é velar pola difusión, coñecemento e cumprimento deste. Esta Comisión está presidida pola Dirección de Auditoría Interna e conta cun representante de Relacións Laborais, Relacións con Investidores, de Reputación Corporativa e de Servizo ao Cliente. O secretario da Comisión está adscrito á Dirección de Recursos Humanos.
Así mesmo, para garantir o cumprimento do Código, a compañía ten establecidas comisións locais en Arxentina, Brasil, Colombia, Italia, México, Guatemala, Panamá, Nicaragua e Moldavia, con estrutura similar á da Comisión do Código Ético e co labor particular de replicar en cada país as funcións que a Comisión ten atribuídas en España.
Unha das principais tarefas encomendadas á Comisión do Código Ético é a de supervisar o funcionamento do procedemento de consulta e notificación. Trátase dunha canle habilitada para que os empregados do Grupo poidan resolver as súas dúbidas sobre a aplicación do Código ou transmitir á Comisión, de xeito anónimo e confidencial, condutas contrarias aos principios suxeridos neste. Todas as comunicacións recibidas son confidenciais e son tratadas de acordo ao esixido pola Lei 15/1999, de Protección de Datos.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona