Gas Natural Fenosa está presente en 25 países e conta con preto de 20 millóns de clientes e unha potencia instalada de 15,4 xigavatios.
Maior compañía integrada en gas e electricidade de España e América Latina.
Primeira distribuidora de gas natural de América Latina.
Máis de 116.438 quilómetros de rede de gas no mundo: 43.871 en España, 65.831 en América Latina e 6.736 en Italia (datos a 31 de decembro de 2011).
Beneficio neto de 1.325 millóns de euros (exercicio 2011).
Ebitda de 4.645 millóns de euros (exercicio 2011).
Persoal de 16.202 empregados (a 31 de decembro de 2011).
Carteira de activos de 46.502 millóns de euros (a 31 de decembro de 2011).
Un dos maiores operadores mundiais de ciclos combinados, con máis de 9 GW de potencia.
Operador de referencia de GNL/GN na cunca atlántica e mediterránea con 30 bcm.
Frota de 11 metaneiros, que inclúe 7 buques de Gas Natural Fenosa e 2 de Unión Fenosa Gas, a súa filial participada ao 50% e 2 co-propiedade con Repsol, xestionado por Repsol Gas Natural LNG - Stream.
Líder en comercialización de gas e electricidade en España con preto de 2,5 millóns de clientes e unhas vendas de 235 TWh a peche de 2011.
Terceira distribuidora de gas e electricidade do mercado ibérico, con máis de 8.8 millóns de puntos de conexión.
Terceira xeradora en réxime ordinario da Península Ibérica con 35,7 TWh ao peche do exercicio 2010.
Perfil de negocio equilibrado e competitivo, e unha atractiva combinación de negocios con máis do 70% de Ebitda de actividades reguladas e case reguladas.