- Corporativo

Buscador

Menú Navegación

A compania

Estás en:

  1. Inicio >
  2. A compania >
  3. A nosa organización

A nosa organización

Sede corporativa de Gas Natural Fenosa en Barcelona

Salvador Gabarró Serra. Presidente

Salvador Gabarró Serra

Nado en Sant Guim de Freixenet (Lleida) en 1935. É Doutor Enxeñeiro Industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña e titulado polo IESE.

Tras un período de un ano en Perfumería Parera, S.A., ingresou na Compañía Roca Radiadores, S.A., onde foi nomeado director xeral de Produción, en 1969, e xerente, en 1974. Ocupou este posto ata novembro do ano 2000, cando xa cumpridos os 65 anos, se retirou.

Foi nomeado conselleiro de Gas Natural en xullo de 2003 e presidente en outubro de 2004. En marzo de 2009, tras a entrada de Gas Natural no capital de Unión Fenosa, pasou ocupar tamén a presidencia da eléctrica. E en setembro dese mesmo ano, liderou a fusión de Gas Natural e de Unión Fenosa. Na actualidade, tamén é vicepresidente primeiro de "la Caixa"  e conselleiro de Criteria CaixaCorp.

Rafael Villaseca Marco. Conselleiro delegado

Rafael Villaseca Marco

Naceu en Barcelona, en 1951. É enxeñeiro industrial, especializado en Organización Industrial, pola Universidade Politécnica de Cataluña e MBA polo IESE, da Universidade de Navarra.

Foi nomeado conselleiro delegado de Gas Natural Fenosa en xaneiro de 2005.

Con anterioridade fora conselleiro de Enagás, conselleiro-director xeral do Grupo Panrico, presidente de Túneles e Accesos de Barcelona, S.A. (TABASA), presidente de Túnel do Cadí, S.A.C., presidente de Gestión de Infraestruturas, S.A., presidente do Grupo INISEL (hoxe grupo INDRA), conselleiro delegado de Nueva Montaña Quijano, S.A., conselleiro de Gas Natural, conselleiro de Amper, S.A., e conselleiro delegado de Unión Fenosa.

Tamén foi presidente da Asociación de Antigos Alumnos do IESE.

Carlos J. Álvarez Fernández. Director xeral Económico-Financeiro

Carlos J. Álvarez Fernández

Naceu en Vic (Barcelona), en 1963. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Autónoma de Barcelona e cursou o Programa de Dirección Xeral do IESE.

A súa traxectoria profesional iniciouse en Arthur Andersen (agora Deloitte) onde exerceu de auditor, xerente e director.

A súa carreira en Gas Natural Fenosa empezou en febreiro de 1999, como director de Contabilidade e Administración e, dende o ano 2000, é responsable da área Económico-Financeira de Gas Natural Fenosa, da que foi nomeado director xeral en maio de 2005.

Antonio Gallart Gabas. Director Xeral de Recursos

Antonio Gallart Gabas

Naceu en Lleida, en 1960. É enxeñeiro industrial, especializado en Organización Industrial, pola Universidade Politécnica de Cataluña, e MBA polo IESE.

A súa traxectoria profesional desenvolveuse no sector químico, concretamente nas empresas Air Products and Chemicals, onde foi vicepresidente, e tamén en Carburos Metálicos, onde exerceu de Director de División e Director Xeral dalgunha das súas filiais.

En outubro 2007, incorporouse á multinacional enerxética como director xeral de Recursos.

Antonio Basolas Tena. Director Xeral de Estratexia e Desenvolvemento

Antonio Basolas Tena

Naceu en Barcelona, en 1967. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, e Graduado Superior en Economía polo Instituto Europeo de Dereito e Economía.

Iniciou a súa carreira profesional en 1990 en Arthur Andersen (agora Deloitte). En 1994 incorporouse a Caixa Holding desenvolvendo funcións de controller, dende onde accedeu a empresas do grupo La Caixa (director xeral de Serviticket, S.A., Xerente de Investimentos CaixaNet Factory e director corporativo Económico-Financeiro de e-La Caixa S.A.). Foi director do Grupo Utilities en Caixa Holding, S.A.

En 2005 ingresou en Gas Natural Fenosa como responsable da Dirección Adxunta ao Conselleiro Delegado, en maio dese mesmo ano foi nomeado director de Estratexia e Desenvolvemento e en maio de 2009, director xeral de Estratexia e Desenvolvemento.

Manuel García Cobaleda. Director Xeral de Servizos Xurídicos

Manuel García Cobaleda

Naceu en Salamanca en 1968. É licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, e obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura no curso 1990/1991 e o Premio ao mellor expediente da Universidade Complutense nas facultades de ciencias sociais en 1992.

García Cobaleda é Avogado do Estado dende 1994 e cursou o programa de Desenvolvemento de Directivos de IESE en 2001. Foi xefe dos Servizos Xurídicos do Estado en Zamora, León e Madrid entre os anos 1994 e 1998. Durante 1998 e 1999 foi asesor da Ministra de Medio. En 1999, incorporouse ao grupo como director dos Servizos Xurídicos de Comercialización.

En xullo de 2005, foi nomeado director de Servizos Xurídicos do grupo, e en outubro de 2010, secretario do Consello de Administración.

Manuel Fernández Álvarez. Director xeral de Negocios Almacenistas de Enerxía

Manuel Fernández Álvarez

Naceu en Toledo, en 1961. É enxeñeiro de Minas pola Universidade Politécnica de Madrid e Máster en Dirección e Administración de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid.

Traballou en Red Eléctrica de España e no Ministerio de Industria e Enerxía, nas áreas de Planificación e Regulación do sistema eléctrico e do gasista. Foi consultor da Unión Europea para a reestruturación dos sectores enerxéticos dos países do leste de Europa.

Incorporouse a Gas Natural Fenosa en 1994 e, en maio de 2005, foi nomeado director xeral de Negocios Almacenistas do grupo.

José Javier Fernández Martínez. Director xeral de Xeración

José Javier Fernández Martínez

Naceu en Castro Caldelas (Ourense), en 1951. É enxeñeiro Técnico Industrial pola Escola de Enxeñaría Técnica de Gijón, enxeñeiro Industrial pola Escola de Enxeñaría Industrial de Bilbao, e MBA polo Insead-Euroforum.

Traballou en Sener, S.A., onde participou no proxecto de construción da central de Lemóniz. En 1982, incorporouse a Unión Fenosa, onde ocupou diversos cargos directivos á fronte da central térmica de Anllares, a división de produción térmica e Unión Fenosa Gas. Dende o ano 2000, ocupaba o cargo de subdirector xeral de Aprovisionamento e Operacións de Unión Fenosa Gas. Foi nomeado director xeral de Xeración de Gas Natural Fenosa en maio de 2009.

José María Egea Krauel. Director xeral de Planificación Enerxética

José María Egea Krauel

Naceu en Murcia en 1954. É licenciado en Ciencias Químicas coa especialidade en Química Industrial pola Universidade de Murcia, e Máster en Administración e Dirección de Empresas por ICADE. Iniciou a súa traxectoria profesional en Española de Zinc, traballo que compatibilizou coa docencia, e tamén traballou en UNIGAS.

En 1991, iniciou a súa carreira na compañía, traballando inicialmente na Dirección de Sociedades Participadas. Posteriormente, pasou a formar parte da Dirección de Planificación e Control, primeiro como director de Planificación e Estudos, e despois como director de Estudos, Planificación Internacional e Outros Negocios.

Foi nomeado director xeral de Xestión do Gas en maio de 2005 e, en maio de 2009, director xeral de Planificación Enerxética do grupo.

Daniel López Jordà. Director xeral de Negocios Retallistas de Enerxía

Daniel López Jordà

Naceu en Barcelona en 1957. É Enxeñeiro Industrial pola ETS de Enxeñeiros Industriais de Terrassa, da Universidade Politécnica de Barcelona, e diplomado en Administración e Dirección de Empresas pola ESADE.

Incorporouse ao grupo en 1982, ocupando en España diversas posicións, entre elas a de delegado de Clientes Industriais e delegado da Zona Sur de Cataluña. En 1998 trasladouse a México, onde desempeñou o posto de director de Grandes Clientes. Posteriormente, en 2002 foi nomeado Country manager de Brasil e en 2007, Country manager de Italia.

Desempeñou o posto de director de Distribución de Gas dende setembro de 2009, e en setembro de 2010 foi nomeado director xeral de Negocios Retallistas de Enerxía do grupo.

Antoni Peris Mingot. Director xeral de Negocios Regulados de Gas

Antoni Peris Mingot

Naceu en 1956 en Barcelona. É enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Barcelona e PADE polo IESE.

Incorporouse ao grupo en 1984, exercendo cargos de responsabilidade en diferentes áreas de Catalana de Gas, ata que en 1992 se trasladou a Arxentina como director técnico de Gas Natural BAN, onde máis tarde se fixo responsable da dirección xeral. Posteriormente, foi nomeado country manager nas compañías do grupo en Colombia e Arxentina, e en 2005 volveu a España para ocupar a dirección xeral de Transporte e Distribución en España.

En novembro de 2006 foi nomeado director xeral de Negocios Regulados da compañía, e en maio de 2009, director xeral de Negocios Regulados de Gas. Na actualidade, tamén é presidente da Asociación Española do Gas, Sedigas.

José Antonio Couso López. Director xeral de Negocios Regulados de Electricidade

José Antonio Couso López

Naceu na Coruña en 1947, cursou estudos de Enxeñaría Técnica Industrial na Escola Técnica de I.T.I. de Vigo (1967) e de Enxeñaría Industrial na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao (1972). É diplomado en Enxeñaría Nuclear polo Instituto de Estudos Nucleares de Madrid (1975) e P.D.G. (Programa de Dirección Xeral) polo Instituto de Estudos Superiores da Empresa (I.E.S.E.), ano 1995.

En 1969 iniciou a súa carreira profesional na industria electroquímica e tras cinco anos en AMFOS, S.A., incorporouse en 1974 a Unión Fenosa, onde ocupou distintos cargos en Enxeñaría Nuclear e Montaxe de Subestacións e Centrais Eléctricas, ata que en 1985 pasou á actividade de Distribución.

Foi nomeado director xeral de Negocios Regulados de Electricidade de Gas Natural Fenosa en maio de 2009.

Sergio Aranda Moreno. Director xeral de América Latina

Sergio Aranda Moreno

Naceu en Barcelona, en 1959. É licenciado en Enxeñaría Industrial Química pola Universidade Politécnica de Barcelona e cursou o Programa de Alta Dirección de Empresas de ESADE.

Iniciou a súa carreira profesional en 1982 en Catalana de Gas, como técnico do centro de control da compañía. Tras pasar por varias áreas, en 1989 foi nomeado director comercial de Catalana de Gas en Cataluña e, posteriormente, director do grupo en Cataluña. Entre 1998 e 2003 foi presidente de Gas Natural México e, tras a súa volta a España, foi nomeado director xeral de Expansión en España.

En 2005 foi nomeado director de Negocio Retallista Liberalizado en España e, en setembro de 2006, director xeral de América Latina do grupo.

Jordi García Tabernero. Director xeral de Comunicación e Gabinete de Presidencia

Jordi García Tabernero

Naceu en 1964, en Barcelona. É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona, e PADE polo IESE. Tamén cursou o Programa de Comunicación Empresarial de IESE-Universidade de Navarra en Madrid, así como o Máster de Desenvolvemento Directivo na Administración Pública de ESADE.

Desempeñou diferentes responsabilidades na Administración Pública autonómica e municipal; así como en diversos medios de comunicación. Ingresou na compañía no ano 2004, e dende entón foi director de Comunicación e Gabinete de Presidencia.

En maio de 2009 foi nomeado director xeral de Comunicación e Gabinete de Presidencia do grupo. Tamén é Presidente do Comité de Comunicación da Asociación Española do Industrias do Gas (Sedigas) e Presidente da Asociación de Directivos da Comunicación de Cataluña.

Calendario de Eventos

hoxe
18/05/2012
MAC
Fundacion
Reputación corporativa
Institucional
Formación e emprego
Prensa
Financeiro