- Corporativo

Buscador

Menú Navegación

A compania

Estás en:

  1. Inicio >
  2. A compania >
  3. Presenza no mundo

Presenza no mundo

Representación con halos da bóla do mundo

Gas Natural Fenosa é unha das compañías multinacionais líderes no sector do gas e a electricidade.

O seu modelo de negocio está baseado nun axeitado equilibrio entre os negocios regulados e liberalizados nos mercados gasista e eléctrico, cunha contribución crecente e diversificada da presenza internacional.

Tras a súa fusión con Unión Fenosa, a compañía está presente en 25 países do mundo, onde conta con preto de 20 millóns de clientes e unha potencia eléctrica instalada de 15,4 GW.

En España, Gas Natural Fenosa distribúe e comercializa gas e electricidade, desenvolve actividades de xeración eléctrica, de regasificación e exploración. En Francia, Bélxica e Luxemburgo realiza actividades de comercialización de gas, en Holanda comercialización de enerxíae,  en Italia distribúe e comercializa gas natural e desenvolve dous proxectos de regasificación. A súa actividade en Portugal inclúe comercialización de gas e electricidade, e conta ademais con proxectos eólicos.

En América Latina, a compañía realiza actividade de distribución de gas en Arxentina e Brasil; de distribución no mercado eléctrico e gasista en Colombia; e de xeración eléctrica e distribución de gas en México. A actividade en Puerto Rico céntrase na xeración eléctrica e a operación dunha planta de regasificación.

A compañía realiza distribución eléctrica en, Nicaragua e Moldova; xera e distribúe electricidade en Panamá; e participa no negocio das telecomunicacións en Guatemala. Ademais, en Costa Rica, República Dominicana e Kenya, o grupo desenvolve actividades de xeración. En Sudáfrica conta cunha mina de carbón e en Marrocos realiza actividades de exploración e de operación do gasoduto Magreb-Europa.

Así mesmo, Gas Natural Fenosa participa en dúas plantas de licuefacción, en Exipto e Omán, conta con carteira de proxectos eólicos en Australia e ten proxectos de upstream en Angola.

Adicionalmente, Gas Natural Fenosa mantén relacións comerciais de compra e venda de gas en numerosos países, entre os cales destaca Alxeria, de onde parte o gasoduto Magreb- Europa.