- Corporativo

Buscador

Menú Navegación

A compania

Estás en:

  1. Inicio >
  2. A compania >
  3. Quen somos

Quen somos

Gas Natural Fenosa é unha das compañías multinacionais líderes no sector do gas e a electricidade, está presente en 25 países e conta con preto de 20 millóns de clientes e unha potencia instalada de 15,4 xigavatios.

Sede corporativa de Gas Natural Fenosa en Barcelona

 

Tras a adquisición da compañía eléctrica Unión Fenosa, terceira do mercado español, Gas Natural Fenosa culminou o seu obxectivo de integrar os negocios de gas e electricidade nunha compañía con longa experiencia no sector enerxético, capaz de competir de forma eficiente nuns mercados sometidos a un proceso de crecente integración, globalización e aumento da competencia.

Sede corporativa de Gas Natural Fenosa en Barcelona

É a maior compañía integrada en gas e electricidade de España e América Latina, líder en comercialización de gas natural na península Ibérica e primeira distribuidora de gas natural de América Latina. Cunha flota de 11 buques metaneiros, é un operador de referencia de GNL/GN da conca atlántica e mediterránea, onde opera 30 bcm.

O Plan Estratéxico 2010-2014, establece dúas fases diferenciadas: ata 2012, a compañía enfocarase no fortalecemento do balance, a optimización para a consecución de sinerxías e o crecemento orgánico.

A segunda fase, ata 2014, centrarase na realización de investimentos, en función do ámbito, para aproveitar oportunidades de crecemento en mercados e negocios clave, pero mantendo a solidez financeira.

O plan prevé manter a área de negocio de América Latina como un piar clave dentro do grupo enerxético.